CulturaCulturaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Ribas de Sil celebrará o desfile de Entroido o 21 de febreiro

Publicidade

A climatoloxía adversa obrigaba ao Concello de Ribas de Sil (Lugo) a aprazar o desfile previsto para o Sábado de Entroido (6 de febreiro) e finalmente será dúas semanas máis tarde cando teña lugar.

Así, o vindeiro domingo 21 de febreiro ás 17:30 horas arrancará o desfile no que participarán sete comparsas (unhas 200 persoas). Tralo percorrido pola zona urbana da vila, o desfile rematará na praza do Concello cunha chocolatada e a entrega de premios para os mellores disfraces.

Fotos cedidas polo Concello de Ribas de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button