Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Ribas de Sil (Lugo) participa na campaña “En negro contra as violencias”

A concentración tiña lugar na mañá do 25 de novembro diante do Concello

 

Inmerso na campaña “En negro contra as violencias”, Ribas de Sil foi outro dos concellos que conmemorou o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cunha concentración na mañá deste luns.

A conselleira delegada de Servizos Sociais, Familia e Terceira Idade, Rosa María Quiñones Rodríguez, falou sobre esta conmemoración, insistindo no feito de que “esta violencia pódenos tocar a calquera: irmá, nai, filla, amiga ou veciña” e que é importante seguir loitando contra ela. Acto seguido os nenos do CEIP de San Clodio leron o manifesto contra a violencia.

Ademais, durante este acto, entregouse material divulgativo (pulseiras, chapas, bolsas, calendarios,…) a todos os participantes.

Artigos relacionados

Back to top button