EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Ribeira Sacra abre a súa xira de catas para a “Guía de Viños de Galicia”

Luis Paadín cataba un total de 91 viños na sede do consello regulador desta denominación en Monforte de Lemos
Luis Paadín durante a cata na Ribeira Sacra./ Foto: Servino.net.

Comeza o calendario de catas de cara á elaboración da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2018” do sumiller Luis Paadín. O 11 de xullo desprazábase á sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, onde valoraba un total de 91 marcas, 16 de branco e 75 de tintos.

Esta era unha primeira cata, haberá unha segunda a finais de agosto e unha recata dos viños mellor puntuados e que optan a posible Gran Ouro na Guía do 2018. Ademais en xullo Paadín visitará tamén outras denominacións de orixe da provincia.

O procedemento que se segue en cada unha destas catas é o de cata cega (botella tapada), ao catador só se lle informa do ano da colleita, descoñece a marca, tipo de elaboración e prezo, para así evitar prexulgar en base a unha etiqueta ou un prezo. Para preparar a guía do 2018, Luis Paadín ten previsto catar máis de 1000 viños e destilados de Galicia.

A “Guía de Vinos de Galicia” é unha publicación que xa no 2013 lograba o Premio Gourmand como “mellor libro de viño e turismo de España” e no 2017 o “Premio Especial Gourmand” como un dos 10 mellores libros de viño do mundo”.

Artigos relacionados

Back to top button