En portadaÚltima hora

Ribeira Sacra e Valdeorras inician a vendima

Damm SL, da subzona de Amandi, empezará a recoller as súas uvas mañá, mentres a adega valdeorresa María Teresa Núñez farao o xoves

Foto cedida.

 

Comeza a recollida da uva nas denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras. No caso da primeira será a Adega Damm SL, na subzona de Amandi, a que abra a campaña do 2019 mañá mércores 28 de agosto. “Entre tanto os técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra realizan os controis de maduración que axudarán a fixar unha data oficial para o inicio xeralizado da vendima nesta denominación”, tal e como se informa dende este órgano rector.

Por outra banda, en Valdeorras o inicio da campaña virá da man da adega petinesa María Teresa Núñez que ten previsto comezar a vendima o xoves 29 de agosto, segundo informa o CRDO Valdeorras. Ademais ese mesmo día a Adega Santa Marta de Córgomo (Vilamartín) tamén iniciará a recollida de uva para elaborar o seu viño tostado.

 

Artigos relacionados

Back to top button