En portadaÚltima hora

Ribeira Sacra fixa o 16 de setembro como data recomendada para o inicio xeralizado da vendima

A adega Ronsel do Sil iniciaba xa o 28 de agosto a recollida da uva nalgunhas parcelas da subzona Ribeiras do Sil

Viñedo da Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra vén de fixar como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 16 setembro, “prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro”.

Os resultados dos controis de maduración nas viñas que viña desenvolvendo o equipo técnico da D.O. desde finais de agosto, permitiron determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña.

“Na pasada vendima, a máis abondosa da D.O. Ribeira Sacra, a data recomendada para o inicio da vendima foi o 19 de setembro, aínda que unha adega comezaba cos traballos de recollida nalgunhas parcelas o 28 de agosto como este ano fixo Ronsel do Sil o 26 de agosto na subzona Ribeiras do Sil”, indican dende o CRDO Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button