CulturaCulturaÚltima hora

A Ribeira Sacra será protagonista na primeira longametraxe dirixida por Rubén Riós

O filme rodarase en 2019 nos municipios de A Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, así como noutras partes de España e Portugal
Os alcaldes de Nogueira de Ramuín e A Teixeira, o presidente da Deputación, o director Rubén Riós e a alcaldesa de Parada de Sil.

Os concellos de A Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, en plena Ribeira Sacra, serán protagonistas da primeira longametraxe dirixida polo actor, produtor e director ourensán Rubén Riós.

Na mañá do 21 de febreiro, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuníase no Pazo Provincial cos alcaldes dos devanditos municipios así como co propio director, para analizar este novo proxecto audiovisual. No encontro, o presidente do goberno provincial afirmou que “a Deputación de Ourense e os Concellos de Parada de Sil, A Teixeira e Nogueira de Ramuín colaborarán con este filme que se configura como unha homenaxe aos avós, titulares dun patrimonio emocional que as actuais xeracións debemos reivindicar”.

Os tres municipios da Ribeira Sacra acollerán a rodaxe da película, que tamén se desenvolverá noutras zonas de España é mesmo en Portugal, contribuíndo a darlle un perfil internacional a produción. O filme, que contará coa participación de actores e actrices de primeiro nivel, rodarase en 2019. “Será unha magnífica oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística e monumental da Ribeira Sacra e o tesouro vivencial das lembranzas e actitudes dos nosos maiores”, expresou Manuel Baltar.

 

Artigos relacionados

Back to top button