EconomíaEconomíaÚltima hora

A Ribeira Sacra terá a súa propia Festa do Cocido

A cita gastronómica será o 17 de decembro na Abeleda (A Teixeira)
Un prato de cocido.

A Asociación Comisión Festas Abeleda (A Teixeira) está preparando a I Festa do Cocido Ribeira Sacra, unha cita gastronómica chamada a ser “un referente na zona da Terra de Caldelas e arredores” que se celebrará o 17 de decembro a partires das dúas da tarde.

O menú, elaborado por Mantesil, estará formado por sopa de cocido; cocido (carne, pata, orella, chourizos, lacón, garavanzos, patacas e verdura); postre (bica manteigada); viño (Adega Vella, Peza do Rei e Alodio); café e chupitos.

O prezo é de 21 euros para os adultos e de 10 euros para nenos de 6 a 12 anos e haberá un obsequio de agasallo para todos os comensais. A recollida de tiquets pode facerse en varios establecementos da Teixeira, A Abeleda, Castro Caldelas, Montederramo, Monforte de Lemos, A Pobra de Trives, Parada de Sil e Manzaneda.

 

Cartel da I Festa do Cocido Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button