EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Ribeiro con sabor a música, en Madrid

As adegas desta denominación de orixe ourensá participarán no Festival de Viño de Música o día 26 de abril
Imaxe do video promocional do enoFestival de Madrid.
Imaxe do video promocional do enoFestival de Madrid.

Está considerado un evento único no seu formato. Ao longo de 12 horas (de 12.30 a 01.00) xunguirá o mellor do panorama musical independente con referentes da cultura vinícola española. O vindeiro 26 de abril o Círculo de Belas Artes de Madrid converterase en escenario do enoFestival. Incluirá concertos do más variado, enoBarras de diversas rexións, catas dirixidas, maridaxes, Djs, e un amplo abano de actividades que esperan congregar a máis de mil mozos, así como a profesionais do sector nun evento que presenta a súa edición máis especial.

No marco deste programa, e baixo o lema “Ribeiro sabe a Música”, seis bodegas desta D.O. presentarán os seus viños: Viña Costeira 2013, Versatus 2012, Terra do Castelo Treixadura 2012, Viña Mein 2012, Gran Alanis 2013 e The Flower and the Bee Treixadura 2012.

“Todos eles poderán ser degustados na enoBarra que Ribeiro terá xunto ao escenario principal. E para aqueles que queiran saber máis sobre esta rexión e degustar con todos os sentidos estas referencias, Ribeiro preparou unha actividade dirixida que terá lugar na sala de catas de 16:40 a 17:40 h.”, segundo se informa dende a organización deste Festival de Viño e Música. Así, os asistentes poderán catar os caldos seguindo as explicacións de Pablo Vidal, director técnico do C.R.D.O. Ribeiro, á vez que descobren a arte da maridaxe cunha escolma gourmet de pastas frescas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button