EconomíaEconomíaÚltima hora

Ricardo Cela de Café Bar Lisboa, no Barco, finalista no certame galego do Cpto. Nacional de Tiraxe de Cervexa de Estrella Galicia

A final nacional do "Beer Marter Sessions" celebrarase en xuño no Salón Gourmets, en Madrid

Ricardo Cela tirando unha cervexa no Café Bar Lisboa, no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Co obxectivo de “promover a cultura de cervexa” e recoñecer o labor dos hostaleiros como “un eslabón fundamental na cadea de distribución dos produtos de Estrella Galicia”, nacía Beer Master Session, o Campionato Nacional de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia cuxos certámenes se celebran por comunidades autónomas.

A de Galicia celebrábase no mes de febreiro no marco do Salón de Turismo Gastronómico, Xantar, con 20 aspirantes chegados de diversos puntos da comunidade que competiron nas diferentes rondas para alzarse co título de mellor tirador de cervexa, entre os que estaba o barquense Ricardo Cela de Café Bar Lisboa do Barco de Valdeorras.

 

Cheque de finalista conseguido por Ricardo. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tirar cañas, servir cervexa e responder a diversas preguntas sobre o mundo cervexeiro, foron as probas ás que tiveron que enfrontarse os aspirantes, seis deles da provincia de Ourense. O barquense Ricardo Cela, presentábase por primeira vez ao concurso e lograba un dos dous accésit que lle dá a opción a participar, xunto á campioa desta VII edición, Paula Isabel Balleste Muñiz (Restaurante Miramar de Sada) e o subcampión, Carlos Antonio Villa (Casa do Patín en Padrón), na final nacional que se celebrará no mes de xuño no Salón Gourmets de Madrid (a final estaba prevista para este mes de marzo pero de forma preventiva polo coronavirus, decidían retrasala).

Ademais do pase á final, o premio para Ricardo como finalista foron 150€ e o seu peso en cervexa.

 

Artigos relacionados

Back to top button