DeportesÚltima hora

Riders rueses preparan un circuíto de Descenso de nivel alto

O DH O Mirador da Rúa, podería acoller unha proba do campionato galedo desta modalidade de BTT
Javier e Carlos baixando polo DH O Mirador da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Javier e Carlos baixando polo DH O Mirador da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Unha das modalidades do ciclismo de montaña (BTT) é o Descenso ou DH (DownHill), unha disciplina extrema que consiste en baixar fortes pendentes entre innumerables obstáculos e na maioría dos casos por medio do monte, aínda que tamén existe a versión urbana. Neste deporte, no que a axilidade física xoga un papel importante, e no que o ciclista se enfronta a varios quilómetros de baixada a lombos da bicicleta, é precisamente no que están especializados os rueses Carlos Rivera Pimentel e Javier Fernández Quiroga, máis coñecidos entre os riders como Zipi e Zape.

“Carlos e moreno eu son rubio e xa de pequeniños andabamos xuntos coas bicicletas por iso a xente comezou a chamarnos así”, explica Javier (Zape) que comezou “a tirarse en bici” cando apenas tiña 10. “A primeira vez foi na Rúa preto do parque de bombeiros” lembra, e dende entón xa non parou e os montes de Valdeorras e incluso Manzaneda non teñen segredos para el, aínda que cando quixo competir tivo que unirse a un club para poder facelo. Así foi como contactou co equipo de Sarria DH Galicia co que leva tres anos e ao que se unía nesta tempada o seu compañeiro Carlos (Zipi) que tamén competíu nalgunha proba galega.

Inicio do DH O Mirador, co val da Rúa de fondo. /Foto: Carlos G. Hervella.
Inicio do DH O Mirador, co val da Rúa de fondo. /Foto: Carlos G. Hervella.

Con todo, desta peculiar parella de riders é Javier quen leva máis probas ás costas este ano, inmerso de novo na tempada de BTT-Descenso (sub 23) con varias carreiras disputadas: DH Kamikazes de Marín (Pontevedra), DH Molinos organizada polo club de Sarria, DH Fafe 2016 (Portugal),… De cara aos vindeiros meses, Zape ten previsto participar na carreira de Monte Pedroso en Santiago de Compostela (19 de xuño); no Trokyland que se celebra en Arteixo (A Coruña) e por suposto, o Marisquiño en Vigo.

Gustaríalle poder correr para unha marca e “vivir disto”, algo que resulta mii difícil. De momento fai o que pode e xa conseguiu varios patrocinadores (O Pillabán e Bravo Lux da Rúa) onde mandará á xente que veña adestrar no circuíto DH O Mirador, no que levaba dous anos traballando e por fin está abeto. Trátase dunha pista de descenso na parte baixa do Mirador do Barranco Rubio da Rúa de nivel técnico alto con moita inclinación, curvas e obstáculos. “Ten uns 900 metros e tárdase 3 minutos en baixalo”, puntualiza, converténdose no espazo perfecto para adestrar. De feito xa ten vido xente da Coruña, Vigo, os de Sarria, e pode ser un reclamo para todos os deportistas desta modalidade extrema. Por iso o ideal sería organizar unha carreira profesional. “Estou traballando para o ano que vén tentar traer unha proba do campionato galego, o circuíto vale, o que se necesitan son permisos e cartos. Estou valorando o tema e falando tamén cos do club de Sarria. Ese sería o obxectivo, a ver que pasa”.

O artigo completo, na edición en papel de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button