ConcellosÚltima hora

Río acorda unha serie de medidas locais para “reducir o impacto do coronavirus no municipio”

O seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, que insiste en que o importante é traballar "todos xuntos para saír desta situación o antes posible"

Exterior do Concello de San Xoán de Río.

 

Segundo se informa dende o Concello de San Xoán de Río, neste luns 16 de marzo, ás 11:00h., e “tomando todas as debidas precaucións indicadas”, realizábase a primeira reunión polo “Gabinete de Crise do Coronavirus” neste municipio na que estaban convocados o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, así como os concelleiros da Corporación, o responsable de Protección Civil e varios traballadores do Concello. O encontro prolongábase máis dunha hora. Ademais falouse cos comercios que seguen funcionando no municipio.

“Tras máis dunha hora de reunión acordamos, entre todos os asistentes, medidas para reducir o impacto na nosa localidade e mellorar a calidade de vida de toda a xente aillada, que se farán públicas nas redes sociais. Antes chamamos persoalmente dende o Concello a toda a poboación a que non podemos chegar por redes sociais ou whatsapp para explicarlle todas as medidas tomadas”, indica o alcalde de San Xoán Río, Xosé Miguel Pérez, que insiste en que o importante é traballar “todos xuntos para saír desta situación o antes posible”.

Un resumo delas son as seguintes:
Servizo a domicilio de medicamentos. (Farmacia + Protección Civil)
Servizo a domicilio da alimentos. (Farmacia + Protección Civil)
Teléfono 24 horas para asuntos municipais.
Teléfono 24 horas para asuntos de emerxencia.
Servizo de biblioteca gratuito para a xente de illamento.
Préstamo de xogos: Cartas, Xadrez, Damas, Monopoly, Palé, etc, para familias en illamento.
Posta en disposición de locais municipais para atender a pandemia en caso necesario.
Posta en disposición da autoridade competente da varios voluntarios do noso concello.

SAN XOÁN DE RÍO – TELÉFONOS TEMPADA DE ILLAMENTO CORONAVIRUS (COVID-19)

988 34 60 02 – CONCELLO (Luns a venres de 9 a 14 horas)
988 34 60 01 – CENTRO MÉDICO (Luns a venres de 9 a 14 horas)608 88 08 44 – TELÉFONO 24 HORAS TEMAS MUNICIPAIS (ALCALDÍA)
WHATSAPP ATENCIÓN MUNICIPAL – 627 78 08 91 (ALCALDÍA)
680 61 57 92 – TELÉFONO EMERXENCIAS 24H – PROTECCIÓN CIVIL (Juan Carlos)
988 34 60 67 – SERVIZO A DOMICILIO DE MEDICAMENTOS (FARMACIA RÍO)
988 34 60 57 – SERVIZO A DOMICILIO DE ALIMENTOS (TENDA ITAS)

Artigos relacionados

Back to top button