ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaSan Xoán de RíoÚltima hora

Río, base dun plan estratéxico para o rural galego coordinado pola EF Business School

Nos seguintes meses terá lugar unha serie de accións concretas que permitan tanto a Río como a súa contorna, a "transformación económica e social cunha clara aposta pola tecnoloxía, formación, produción local e a recuperación das orixes", adiantan

Membros do equipo que desevolverá o proxecto en Río co alcalde deste municipio./ Cedida.

 

O equipo de Venancio Salcines vén de desprazarse ata San Xoán de Río para realizar o primeiro traballo de campo neste municipio de cara a crear un plan estratéxico para o rural galego. EF Business School (escola de negocios referente en Galicia), emprendedores e empresarios galegos serán os encargados de crear proxectos piloto con base en San Xoán de Río, que en caso de éxito sexan extrapolables e rendibles económicamente ao resto de concellos rurais.

“Nun mundo rural acostumados a que os emprendedores sexan homes, desta volta damos un xiro a visión do noso futuro e 5 mulleres, María, Luz, Rosa, Ainhoa e Montse serán as que tutelen estes proxectos e poder transformar económica e socialmente o noso territorio dunha maneira sostible e de forma ecolóxica”, aseguran dende o equipo.

Nesta primeira visita o traballo tivo como obxetivo profundizar no coñecemento de San Xoán de Río, o seu potencial, historia e recursos dende diversos puntos de vista. Nos seguintes meses terá lugar unha serie de accións concretas que permitan tanto a Río como a súa contorna, a “transformación económica e social cunha clara aposta pola tecnoloxía, formación, produción local e a recuperación das orixes”, segundo EF Business School.

Dende San Xoán de Río, o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, fai unha valoración moi positiva desta iniciativa e do que pode supoñer de cara ao futuro do municipio e da zona se se consolida.

 

 

O equipo

Este proxecto base contará cun equipo formado, fundalmentalmente por 7 persoas. O xefe do equipo será Venancio Salcines, académico e empresario, presidente de EF Business School; socio director de Cesuga (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia); presidente da Asociacion Pino de Galicia; consultor senior do Proxecto Riotinto Atalaya Mining; e presidente da Fundacion Venancio Salcines para a mellora da empregabilidade en Galicia.

Xunto a el estará Juan Martín Rodriguez, director de Innovación en Cesuga e EF Business School, e as cinco mulleres que tutelarán a empresas e emprendedores:

María Luz Suarez Gómez: Pedagoga Arxentina retornada a Galicia focalizada na recuperación das orixes galegas e a inserción da muller no rural.

María Ucieda Díaz: Responsable de Desenvolvemento de Negocio especiliazada no eido da formación, empregabilidade, emprendemento e marketing.

Montse Suárez-Noguerol: Docente e Coach especialista en xestión emocional, colaboradora en proxectos de inserción laboral e desenvolvemento rural tanto en Galicia como en Andalucía.

Rosa Pumar Rodríguez: Directora Xeral en Imaxe e Publicidade. Precursora de proxectos que enlazan artesanía e produción local con grandes marcas.

Ainhoa Mallo Martínez: Directora do Clube Empresarial Nordés, experta en comercio internacional e conselleira de expertos en Womenalia a rede mundial de mulleres directivas.

Artigos relacionados

Back to top button