ConcellosSan Xoán de Río

Río celebra o Día da Muller Rural con fotos e mascarillas violetas

 

O Concello de San Xoán de Río celebrará o vindeiro 15 de outubro o Día da Muller Rural coa campaña “Río Feminista”. “A muller rural é unha muller dobremente discriminada, unha por ser muller e outra por ser rural”, sinala o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez. Destaca tamén que “en Río sempre loitaremos pola igualdade. Dende o Concello seguiremos traballando con todas as nosas forzas para que todo o mundo teña os mesmos dereitos, sen importar o sexo co que naza ou o lugar onde viva”.

 

 

No marco da conmeración dese Día da Muller Rural anímase aos veciños a que acudan ao Concello a partir de mañá a facerse unha foto co cartel do lema da campaña. As 20 primeiras persoas que o fagan serán agasalladas cunha mascarilla violeta.

 

Artigos relacionados

Back to top button