PolíticaÚltima hora

RIO coloca “á veciñanza de San Xoán de Río no centro” do seu proxecto político

Esta formación política, que lidera Xosé Miguel Pérez, vén de presentar “un programa electoral por e para o Concello”
Membros da candidatura que presenta RIO ás vindeiras eleccións locais en San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

“Ilusión e compromiso coa historia, o presente e o futuro de San Xoán de Río” este é o lema co que por vez primeira se presenta a unhas eleccións locais a Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RIO) neste municipio.

Dende esta candidatura prometen “traballo, honestidade, honradez, humildade e sentido común” e veñen de presentar un “programa electoral por e para o Concello”. Nel poñen “á veciñanza de San Xoán de Río como centro do proxecto político para o Concello”.

E entre os principios básicos da súa candidatura sitúan “a transparencia e máxima difusión da xestión da Corporación municipal”, “a promoción da participación da veciñanza na vida política, social, económica e cultural” e “a defensa da promoción da igualdade social e de xénero”.

Apostan por “garantir e mellorar o acceso da veciñanza aos servizos básicos, prestando especial atención ás persoas maiores ante o reto do avellentamento do Concello,” e polo impulso do “sector agropecuario como motor económico” de Río.

Tamén defenden un “compromiso coa investigación, recuperación, mantemento, posta en valor e promoción turística do patrimonio histórico, artístico, cultural e natural do Concello”, así como a “promoción da colaboración cos concellos veciños e co resto de administracións públicas para conseguir servizos e infraestruturas básicas para Río, ademais de contribuír á promoción e articulación da zona como espazo de especial interese etnográfico, cultural, natural e turístico”.

 

Candidatura de RIO

 

Artigos relacionados

Back to top button