CulturaCulturaÚltima hora

Río convoca o I Concurso de Poesía Rural, aberto ata o 7 de agosto

 

Nunha nova aposta por promover a cultura no ámbito rural, o Concello de San Xoán de Río vén de convocar o I Concurso de Poesía Rural SXDR. Esta iniciativa ponse en marcha en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Pobra de Trives.

O parzo de presentación de poemas estará aberto ata o día 7 de agosto. As bases recollen as seguintes condicións: os poemas deberán contar cunha temática relacionada coa Igualdade no rural, poden ser en idioma galego ou castelán. Iso si, é obrigatorio que sexan inéditos e a súa extensión máxima serán 100 versos.

As persoas interesadas poderán enviar, ata o 7 de agosto, un pdf co poema ao correo paula.rodriguez.rivera@gmail.com. O primeiro premio é un lote de produtos locais.

Artigos relacionados

Back to top button
Close