ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Río dará a benvida ao novo ano ás 20:22 apostando por solucións dixitais fronte á despoboación

 

As baladas do cambio de ano adiantaranse mañá 31 de decembro en San Xoán de Río. Soarán por vez primeira ás 20:22h. para darlle a entrada simbólica ao 2022. Serán 218 antes da entrada oficial no ano novo, medio minuto por cada persoa censada neste municipio.

“Río encabeza a loita contra o reto demográfico dando a entrada ao novo ano ás 20:22 do día 31”, adianta o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, “as campás da nosa igrexa tocarán, por primeira vez, ás 20.22 horas, entrando simbolicamente no novo ano 2022. Cada campá responde a unha medida para que os nosos pobos non se deteñan a tempo e sexan un exemplo de dixitalización con Comunicación Accesible Rural para os nosos habitantes (CAR ). E se queremos que a xente descubra as aldeas (ALDEALISTA), deben estar listas para vivir nelas e listas para ser referentes tecnolóxicos”.

Ademais, no marco desta celebración ás 20:22 h. está previsto un concerto de ARI, na mesma praza da Igrexa.

 

 

CAR e ALDEALISTA son dous proxectos que nacerán neste concello en 2022 co obxectivo de plantarlle cara á despoboación e ao envellemento. San Xoán de Río é o municipio coa poboación con máis idade de Galicia, “cunha idade media superior aos 62 anos e hai 10 pensionistas por traballador. Un territorio con 8 veciños por quilómetro cadrado no que corresponde unha farola e media por habitante. Por motivos de pandemia, os nosos veciños non poderán estar presentes na Igrexa. Esta sera unha forma de Fin de Ano de exclusión social e de un Ano Novo con solucións dixitais”.

A intención do Concello de Río é manter este xesto de cara aos vindeiros anos, e así prevese que no ano 2023 a benvida ao novo ano será ás 20:23 horas.

Artigos relacionados

Back to top button