ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Río e Trives contratarán a 6 persoas para a súa primeira brigada medioambiental conxunta

Esta é unha das accións contempladas no seu novo medlo de xestión do medio ambiente

Dende os Concellos da Pobra de Trives e de San Xoán de Río vén de anunciarse que se procederá á contratación de 6 persoas que formarán da primeira das brigadas medioambientais conxuntas destes dous municipios. Esta é unha das propostas incluídas no seu “novo modelo de xestión do medio ambiente baseado en modelos de éxito do norte de Europa”, destacan.

Ademais dende estes dous concellos explícase que a “creación dunha brigada medioambiental” é unha das medidas contempladas neste plan “que xa ten prazos e datas”.

Tamén se matiza que as persoas interesadas en formar parte destas brigadas deberán estar inscritas no INEM de Trives antes do 19 de xullo, inclusive. “Esta primeira brigada piloto terá unha duración de 2 meses e medio e ten previsto comezar a última semana de xullo para funcionar ata mediados de outubro, cando se analizarán os resultados deste novo modelo para as vindeiras fases do proxecto”.

 

Artigos relacionados

Back to top button