A RúaConcellosÚltima horaViana do Bolo

Río e Viana, entre os concellos da provincia que recibirán maquinaria en prevención de incendios

Un total de 9 alcaldes da provincia veñen de asinar un convenio coa Deputación e coa Xunta nesa liña

 

Na mañá deste 4 de decembro tiña lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre nove concellos da provincia, entre eles San Xoán de Río, Viana do Bolo e A Teixeira; a Xunta de Galicia e a Deputación. Este acordo permitirá que estas entidades locais poidan contar con nova maquinaria que axude á prevención de incendios. En conxunto nesa maquinaria investirase un millón de euros.

O acto contaba coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González; do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; do presidente da Deputación, Manuel Baltar; de deputado provincial Pablo Pérez; así como dos alcaldes dos nove concellos asinantes: Antonio Montero Fernandez, alcalde de Avión; Miguel Cid, alcalde da Teixeira; Xosé Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río; Abelardo Carballo, alcalde de Viana do Bolo; Patricia Torres, alcaldesa de Boborás; Mario Rodríguez, rexedor de Esgos; Antonio Iglesias, alcalde de Lobeira; Emilio Pazos, alcalde de Trasmiras, e Ana María Villarino Pardo, alcaldesa de Oímbra.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close