ConcellosÚltima hora

Río iniciará os trámites para entrar no Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

Así se acordaba por unanimidade na sesión plenaria que a súa Corporación celebraba neste 3 de outubro

Imaxe dun pleno anterior en San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

O Concello de San Xoán de Río iniciará en breve os trámites para a súa inclusión no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. A decisión tomábase por unanimidade na sesión plenaria que a súa Corporación celebraba ás 13h. deste xoves 3 de outubro.

Nesta sesión tamén saían adiante (por unanimidade dos edís da Agrupación de Electores de San Xoán de Río, PP e PSOE) a designación dos representantes municipais de Río na Mancomunidade das Terras do Navea Bibei, ademais da aprobación do convenio do lixo con Sogama e a elección dos festivos locais do ano que vén.

“Dado que o San Xoán é festivo a nivel galego e coincide en mércores, a proposta de festivos locais para o 2020 por parte da alcaldía eran as do 25 de febreiro (Martes de Entroido) e a do venres 7 de agosto (Festa do Emigrante), que foi aprobada”, explica o alcalde independente, Xosé Miguel Pérez.

Por outra banda, no punto de dación de decretos o grupo de goberno municipal informaba do labor realizado “nestes 2 meses e do traballo inmediato que se vai a realizar”, segundo o seu rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button
Close