ConcellosÚltima hora

Río, Manzaneda e Trives lembran a prohibición de desprazarse á segunda residencia na Semana Santa e as sancións

Advirten de que se intensificarán "os controis na nosa área de influencia, aplicando a lei con absoluta rigurosidade"

 

Ante a proximidade da celebración da Semana Santa, os Concellos de Manzaneda, San Xoán de Río e A Pobra de Trives veñen de emitir un comunicado conxunto lembrando a prohibición dos desprazamentos “á segunda residencia ata a finalización da declaración de estado de alarma. Neste senso, denunciaremos ante as autoridades competentes a todos aqueles que incumprindo as normas estatais, poñan en risco á nosa poboación”.

Neste senso, advirten de que as “Forzas e Corpos de Seguridade estarán especialmente vixiantes no cumprimento destas obrigas. Para elo intensificaranse os controis na nosa área de influencia, aplicando a eli con absoluta rigurosidade. As sancións poderán alcanzar os 30.000 euros, e no caso de que procedan por vía penal os tres concellos personarémonos como acusación particular na defensa da nosa veciñanza”.

Estes tres concellos indican tamén que “levamos moitos días traballando e moita xente poñendo en risco a súa saúde por velar polo benestar de todos e non imos a tolerar que as actuacións temerarias daqueles que incumpren as normas leven ao taste todas aquelas medidas de protección que tanto custou conquerir”.

Unha chamada á colaboración veciñal

Ademais, os Concellos de Trives, Manzaneda e Río solicitan a colaboración da veciñanza para que, “no caso de que teñan coñecemento do acceso de persoas que incumprindo as medidas legais accedan aos nosos territorios durante este período de excepcionalidade, contacten directamente nos seguintes números de teléfono: 062 e 988221100. Agradecemos a vosa colaboración”.

Artigos relacionados

Back to top button