ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Río pide apoio popular na votación para converterse no mellor pobo tecnolóxico do ano

Este é un dos catro concellos galegos finalistas do concurso, sendo ademais o único da provincia de Ourense

Veciños de Río nunha imaxe incluída na páxina web do concurso.

 

Un xurado profesional vén de elixir ao concello de San Xoán de Río coma un dos 4 finalistas para converterse no mellor pobo tecnolóxico do ano. Os outros 3 municipios finalistas son Salceda de Caselas, As Pontes e Ames. Coma nestes concursos, a decisión final depende dos votos da xente, dende o Concello de San Xoán de Río pide a colaboración social para lograr que “un concello da provincia de Ourense leve o premio”.

Entre os proxectos en materia tecnolóxica promovidos polo Concello figuran o primeiro carsharing rural de Galicia – Coche eléctrico público e compartido, rede wifi pública e gratuíta nas principais rúas e prazas do concello, sensorización das casas dos maiores que viven sós para o envío de alarmas en caso de cambio de rutina ou alarma; sistemas dixitais de reserva de instalacións municipais, clases de dixitalización dosmaiores (xente que nunca tocou un computador, agora úsao na súa vida diaria), smart corner, instalación de bancos con wifi, cargadores de móbil, cargadores de coche eléctrico, cargadores de patinetes eléctricos e bicicletas e instalación dunha estación para o control da calidade do aire, CAR (Conectividade Accesible Rural)-método de comunicación bilateral entre concello e veciños a través de aplicacións móbiles…

Ademais este concello puxo en marcha o primeiro centro de teletraballo público e gratuíto de Galicia, así como megafonía municipal dixital para dar as horas e mensaxes públicos.

A votación a favor de Río pode realizarse en

https://www.mejorpueblo.es/pueblo/san-xoan-de-rio/

Artigos relacionados

Back to top button