ConcellosÚltima hora

Río prepárase para celebrar as súas festas na honra de San Xoán

Do 21 ao 24 de xuño despregarase un amplo e variado programa no que a música terá un protagonismo especial
Imaxe das festas do pasado ano en Río./ Foto cedida.

Tras meses de traballo, a organización das Festas de San Xoán en San Xoán de Río vén de facer público os horarios e actos desta celebración, que comezará este venres 21 de xuño co pregón e homenaxe a Lorenzo Pérez, seguido de chupinazo. Ás 22:30 h. terá lugar a actuación de LORO (Loro, por primeira vez muda a guitarra polo piano e a acompañará María de Valilongo coa percusión), ás 23:45 Dj Gini e á unha da madrugada será o Voto Masivo a Velusa (Recanteira do Luar).

O sábado 22 de xuño terá lugar ás 13:30h. a  misa e procesión de Corpus Christi coa actuación da Coraliña Cantora dentro da Igrexa e na Praza Pedro Fernández ao remate da misa. Logo ás 19 h soará Dj Gini (encendido da música no campo da festa), ás 20:15h. o  Grupo Tattoo (sesión festa).

Para ás nove da noite está programada a Gran Cea de San Xoán, cuxa entrada custará 15€. O seu menú incluirá empanadas, sardiñas, panceta, criollos, costela, bica e bebida. E ás 23:30 h. tocará o Grupo Tattoo (Sesión Verbena I). Ás 00:30 h. darase paso a actuacións dos artistas da zona: ARI (Artista de Cerdeira/Castrelo), MIKI (3º Clasificado no Canta en Caldelas), VANE (1ª Clasificada no Canta en Caldelas) e VELUSA (Recanteira do LUAR).

Logo ás 01:30 soará o Grupo Tattoo (Sesión Verbena II) e ás 03:00 DJ Gini.

Xa o domingo 23 de xuño ás 12h. a Charanga Nova Terras de Trives animará a mañá na praza Pedro Fernández. Ás 13:30h. haberá misa e procesión na honra a San Xoán coa actuación da Charanga Nova Terras de Trives e ás
14:15h. sesión vermú na praza Pedro Fernández coa Charanga Nova Terras de Trives. Ás 20h. comezará a sesión de tarde Non-Stop coa orquestra PANAMÁ. Ao remate. DJ Fumón.

Os actos completaranse o luns 24 de xuño ás 13h. con misa na honra a San Xoán.

Artigos relacionados

Back to top button