RIO presenta os principios básicos do seu programa para as eleccións municipais

Esta formación independente, que se presentará aos comicios no municipio de San Xoán de Río, está ademais a dar a coñecer aos membros da súa candidatura a través de facebook

Xosé Miguel Pérez, cabeza de lista de RIO./ Foto cedida.

“A veciñanza de San Xoán de Río como centro dun proxecto político para o Concello”. É unha das bases nas que se apoiará o programa co que a Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RÍO) se presentará as vindeiras eleccións municipais de maio. Así o vén de anunciar o seu cabeza de lista, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Ademais esta formación inclúe entre os seus principios básicos a “transparencia e máxima difusión da xestión da corporación municipal, garantir e mellorar o acceso da veciñanza aos servizos básicos, prestando especial atención ás persoas maiores ante o reto do avellentamento do Concello”, así como a “promoción da participación da veciñanza na vida política, social, económica e cultural e a defensa e promoción da igualdade social e de xénero”.

En materia de desenvolvemento, RIO apostará polo “sector agropecuario como motor económico do Concello” e polo “compromiso coa investigación, recuperación, mantemento, posta en valor e promoción turística do patrimonio histórico, artístico, cultural e natural” deste municipio.

Tamén defenderá a “promoción da colaboración cos concellos veciños e co resto de administracións públicas para conseguir servizos e infraestruturas básicas para Río, ademais de contribuír á promoción e articulación da zona como espazo de especial interese etnográfico, cultural, natural e turístico”.

O programa de RIO estará dividido en tres apartados, o primeiro dos cales está dedicado a “cousas que se poden facer con coste 0 e que non se fixeron estes últimos anos. A seguinte parte son propostas que asumiremos dende os orzamentos municipais e a terceira son os proxectos que dependen de finaciamento conxunto con outras administracións e, polo tanto, non podemos prometer cumprilos xa que non dependen de nos”, adianta Xosé Miguel Pérez.

Os integrantes da candidatura

Ademais de empezar a dar a coñecer os contidos dos seu programa, RIO está a presentar dende o 9 de abril, a través das redes sociais, aos membros da súa candidatura. Polo de agora van xa catro persoas:

José Luis Rodríguez Álvarez   https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=525256781214639&id=522020838204900
Laura Murga Blanco https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=524805614593089&id=522020838204900
Miguel García-Fernández https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=524331531307164&id=522020838204900
Juan Carlos Rivera Castro https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=525729961167321&id=522020838204900

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies