ConcellosÚltima hora

Río, Trives, Manzaneda e O Bolo reciben material de desinfección

 

Neste venres 17 de abril a Delegacion da Xunta en Ourense facía un reparto de material desinfectante (lixivia e desinfectantes) para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos de San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Manzaneda e O Bolo co fin de que poidan usalo nas tarefas de desinfeccion que están a desenvolver.

Co fin de minimizar viaxes, as agrupacións están organizándose de tal maneira que cada vez que haxa que ir a buscar este material se encargue unha diferente. A finais de marzo acudía a recoller o material Protección Civil de Manzaneda, e nesta ocasión facío o voluntario Juan Carlos de Protección Civil de San Xoán de Río.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button