A VeigaConcellosÚltima hora

Riomao (A Veiga) celebra o San Antón

Publicidade

 

Polas rúas de Riomao (A Veiga) volvía saír en procesión o pasado domingo, 12 de xuño, o patrón da localidade, San Antón de Padua. Posteriormente tiña lugar a misa. Deste xeito a veciñanza retoma esta celebración que non se facía dende o 2019 por mor da pandemia.

“Nesta localidade tan só residen durante ao ano tres veciños, pero o día da festa reuníanse numerosos descendentes desta parroquia”, explican os veciños.

 

Irmáns Fernández Balboa: nacidos en Riomao fillos de Manuel Fernández Anta e Secundina Fernández Balboa -Manuel, Benjamín, Manola, Domingo, Alfonso.

Tras o acto relixioso os asistentes compartían comidas familiares nas casas rehabilitadas, entre elas estaba da familia Fernández Balboa.

Fotos cedidas.

Fillos, fillas, netos/as, visnetos/as da familia Fernández Balboa.

 

Artigos relacionados

Back to top button