ConcellosÚltima hora

RíoMola desvelará o sábado a programación do San Xoán 2019 en “prime time”

Esta asociación, como comisión de festas de San Xoán de Río, desprazábase acompañada de 40 persoas, ata o Plató 1000 da TVG en Santiago para participar no concurso televisivo “Bamboleo”. Ari foi a capitana do equipo de RíoMola

Facía 15 días que todas as plazas para asistir ao programa Bamboleo da TVG estaban completas, así que antonte ás 16:30 h. partiu dende San Xoán de Río un bus rumbo a Santiago de Compostela coa comisión de festas do San Xoán (que é parte da actividade cultural que desempeña RíoMola na localidade) e ducias de veciños dispostos a apoiar á comisión no concurso televisivo e deixar o nome de San Xoán de Río ben alto. Tras varias paradas recollendo a xente, o bus completamente cheo, desprazábase cara Compostela nun ambiente festivo.

Coa chegada á capital sumouse o resto da representación que acudíu en coche a cita. Mentres Ari e Lara, as representantes de RíoMola, facían os ensaios en plató, a riada desprazada xuntábase cos siareiros da comisión rival de San Pedro de Cornazo en Vilagarcía de Arousa. O presidente arousán, Juan Cores, entregou material da súa comisión de festas a RíoMola.

Chegou a hora da verdade, e será o que poidades ver este sábado as 22:00 na TVG cando comece o programa de Bamboleo. Para comezar, Vane, a artista con familia en San Xoán de Río, participou na sección “Agora ou Nunca” ante un público volcado con ela. Vane interpretou un dos seus temas favoritos e contou porque ama cantar e a música. A súa gran actuación levarona a conseguir un “Disco de Ouro”.

 

Vane co disco de ouro.

 

Avanzaba o programa e o público desfrutaba das actuacións de grandes artistas. Chegou o momento esperado por todos. Rienses e arousáns loitarían polo premio nun concurso musical. Antes de comezar Ari, capitana de RíoMola, baixou ao centro do plató e explicou o programa festivo que ten preparada a comisión de festas de San Xoán e que poderedes descubrir este sábado na TVG ou a vindeira semana no Sil.

Trala explicación das festas comezou o concurso. Ari e Lara en varias probas musicais xogábanse se o premio volvía no autobús cara San Xoán de Río para financiar as festas do San Xoán ou se pola contra as participantes arousáns o facían mellor e o premio ía para Vilagarcía.

Rematou o concurso e tras unhas últimas actuacións tamén rematou o programa. Cunha felicidade de todos os presentes por desfrutar e pásalo xenial durante o programa poñía o autobús rumbo a San Xoán de Río.

Fai un mes, cando dende a TVG chamaron a RíoMola para concursar, preguntaron a que concello pertencía San Xoán de Río. As 40 persoas desprazadas a Santiago de Compostela deixáronlle moi claro a xente da TVG que San Xoán de Río existe e quen é RíoMola. E este sábado moita xente ten a oportunidade de descubrir o mesmo.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua

Fotos: A.C. RíoMola

Artigos relacionados

Back to top button