ConcellosÚltima hora

RíoMola participará no programa “Bamboleo” da TVG

A cantante Ari foi designada coma capitana do equipo RíoMola, que estará acompañado por numerosos veciños de San Xoán de Río na gravación
A cantante Ari, de San Xoán de Río./ Foto cedida.

O bo traballo realizado nas festas de San Xoán 2018 e a gran simpatía que RíoMola xera na xente levou á TVG a invitar a esta asociación ao programa Bamboleo, no que Ari capitaneará o equipo de Río para vencer e traer o premio de volta a casa.

O vindeiro martes 19 de febreiro partirá un autobús de San Xoán de Río, xa completo, rumbo a Santiago de Compostela, para gravar o programa do “Bamboleo”, que se emitirá o sábado 23 de febreiro na TVG. De San Xoán de Río haberá unha gran presenza de xente de Castrelo e Cerdeira, parroquias dos pais de Ari, que foi designada coma capitana do equipo RíoMola.

Coa chegada ao plató 1000 da TVG, comezarán os ensaios do programa gravado en falso directo. A AC RíoMola será unha das protagonistas deste programa, onde ademáis de falar das festas de San Xoán deste ano, disputará varias probas musicais contra unha comisión de festas doutro concello para tentar gañar un premio co que financiar as festas.

Na primeira das probas Ari tentará coa súa voz vencer nun concurso de canto á persoa da comisión rival, para acumular puntos. Nas seguintes probas baixo a batuta de Ari, diversa xente da comisión de festas tratará de adiviñar o autor das cancións que soen. Se RíoMola vence recibirá un premio co que poder financiar as festas. O programa poderá verse o sábado 23 de febreiro na TVG en prime time.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.

 

Artigos relacionados

Back to top button