EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Riós celebra a XXII Festa da Castaña e do Cogomelo

Riós rendía homenaxe o 6 de novembro a dous produtos de outono de especial relevancia na provincia de Ourense coa XXII Festa da Castaña e do Cogomelo. A cita contaba coa presenza de diferentes autoridades, entre elas a conselleira do Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez. Alí, acompañada polo alcalde de Riós, coñecía diferentes produtos elaborados a partir destes dous froitos e saudaba aos participantes desta edición.

Aproveitando o seu paso por este concello ourensán, Ángeles Vázquez visitaba as instalacións da empresa Castañam, que se dedica á comercialización de diversos produtos elaborados a partir da castaña, fusionando o tradicional coas novas demandas gastronómicas da sociedade.

Artigos relacionados

Back to top button