CulturaCulturaÚltima hora

Riós enxalza á castaña e ao cogomelo

Exposicións, música, degustacións e ata ciclismo. Cun intenso programa celebraba a localidade ourensá de Riós a XXIII Festa da Castaña e do Cogomelo. Nesta edición asistían á cita autoridades como deputado por Ourense no Congreso, Celso Delgado; o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, ou o xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Yago Borrajo, entre outras.

Esta festa vense celebrando desde hai 23 anos neste concello co obxecto de exaltar estes dous produtos típicos de outono e da zona.

 

Artigos relacionados

Back to top button