ConcellosÚltima hora

Riós recupera o Foxo do Lobo de Pedrosa

Está situado na Serra da Urdiñeira e nel realizáronse labores de sinalización e limpeza. Ademais integrouse nunha ruta de sendeirismo
A directora de Turismo de Galicia na visita realizada a esta antiga trampa para lobos en Riós.

“O Foxo do Lobo de Pedrosa é un recurso patrimonial relevante desde numerosos puntos de vista, tamén desde o turístico”, aseguraba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na visita que realizaba na mañá do 3 de xaneiro a esta construción etnográfica de Riós, cuxa antigüidade se remonta á Idade Media.

A posta en valor deste espazo, situado na Serra da Urdiñeira, foi posible grazas ao convenio asinado entre Turismo de Galicia e o Concello de Riós o pasado verán. Con esta actuación, completada con labores de sinalización e limpeza, o Foxo do Lobo de Pedrosa pasa a estar integrado nunha ruta de sendeirismo. Castro puxo en valor a contribución de iniciativas como esta “ao desenvolvemento socioeconómico do interior e á conservación dun valioso legado da paisaxe agraria tradicional” que fala do modo de vida en épocas pasadas.

Artigos relacionados

Back to top button