Os riscos laborais durante o embarazo e a lactancia será un dos temas centrais en torno aos que xirará a xornada técnica que promoverá a CIG Valdeorras o día 8 de maio no Barco. “As traballadoras que se atopan embarazadas, que deron a luz recentemente ou que estean en período de lactanción constituén un grupo especialmente sensíble aos riscos laborais,tanto pola situación física como psíquica”, indican dende este sindicato, de aí o interese de “informar sobre as obrigas empresariais en canto a prevención dos riscos laborais para a maternidade e os dereitos das traballadores ao respecto”.
Outro dos puntos que se abordarán será o dos dereitos, permisos e prestacións nos descansos de maternidade e paternidade da SEG.
A xornada desenvolverase na Casa do Concello do Barco a partires das cinco da tarde e nela intervirá Liliana Lafuente Acuña, técnica de prevención do Gabinete de Saúde Laboral. O acto será presentado e moderado por Paco Moral Rodríguez, secretario de Saúde Laboral da CIG de Ourense e secretario Local da CIG da Unión Local do Barco.