ConcellosGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

A ritmo de rock na noite da mocidade, na Rúa

Clon Bois, Fillos do Estramonio, Cabo da Vila e Blue Star Group nas festas de verán ruesas

Ao compás de Blue Star Group arrancaban a denominada noite da mocidade (venres 5 de agosto), no marco das festas de verán da Rúa. De seguido subían ao escenario os valdeorreses Clon Bois coas súas versións dos clásicos do rock en inglés e tamén en español.

Despois de máis dunha hora de actuación, tocáballe o turno aos composteláns Fillos do Estramonio que encheron a rúa doutor Vila coas súas peculiares versións en clave de humor e con moita retranca.

A noite musical na Rúa pechábase coa actuación dos vianeses Cabo da Vila, inmersos na xira presentación do seu último traballo de estuco “Antes de que me coman los gusanos”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button