CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Ritmo folk e sons atlánticos na apertura do Terrasón no Barco

As bandas Owl Light Trio e Xógara actuaban na noite do venres na praza Maior da vila

 

Cun dobre concerto internacional estreábase a terceira edición do ciclo “Terrasón”, que promove por terceiro ano consecutivo o Concello do Barco. A praza Maior do Barco acollía a primeira das propostas do programa da man dos britátnicos Owl Light Trio e Xógara, tamén de terras inglesas pero cun compoñente galego, o focense Mano Panforreteiro.

Os primeiros en subirse ao escenario en Owl Light Trio (trío do luscofusco), banda formada por Jim Penyy na concertina, Colin Fletcher na guitarra acústica e Jane Griffitnhs no violín e na viola. No seu repertorio soaban melodías bretoas, británicas e irlandesas, pero con singular e complexos arranxos. Tamén interpretaban algunha peza galega con arranxos propios.

 

As dúas bandas actuando xuntas fóra do escenario./ Foto: Ton y Son.

 

Tras eles actuaba Xógara (palabra coa que se denominan na Mariña Lucense as pedras pulidas polo mar), un proxecto detrás do que están catro músicos: o galego Mano Panforreteiro (gaitas e low whistle), John Ruddock (voz, guitarra e bouzouki), Siriol Davies (voz) e Jo Hamilton (saxofonista e frautista). Entre as pezas que soaban había tamén algunhas galegas interpretadas pola asombrosa voz de Davies, ademais de pezas doutras. Ademais na parte final da actuación ambas bandas tocaban xuntas e mesturábanse co público.

Fotos: A.R., agás as tres últimas que son cedidas por Ton y Son.

 

Artigos relacionados

Back to top button