ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O ritual dos Fachós envolve de luz e lume Castro Caldelas

Na noite do 19 de xaneiro a vila rendía culto ao lume cunha concurrida polo casco antigo

Cumprindo coa tradición, pasadas as sete e media da tarde do 19 de xaneiro, prendíanse un enorme e longo fachón de máis de 30 metros de longo. Dese xeito poñíase en marcha o antergo ritual dos Fachós de Castro Caldelas, que congregaba a milleiros de persoas nesta vila medieval.

Dende o adro do Santuario dos Remedios, comezaba unha longa procesión encabezada polo gran fachón e seguida por centos de pequenos fachós portados por veciños e visitantes. Tras percorrer o casco histórico e rodar o castelo, a comitiva regrasaba ao adro do santuario, onde todos os fachós remataba nunha enorme fogueira.

A partir de aí, e como novidade nesta edición, despregábase unha singular representación teatral. Tratábase dunha alegoría da peste e dos fachós, seguia dun asombroso espectáculo de lume. Contábase cos artistas Bruxo Queiman e Andrea Pousa e co actor Rubén Riós.

Tamén soaba a música de MILSON’S, os gaiteiros Airiños e Trabazos e o Folión O Irrio de Caldelas. E ademais dábase paso á parte gastronómica da festa con chourizos feitos e curados con fume de carballo de Castro Caldelas, pan artesán de forno de leña, viño da DO Ribeira Sacra e unha monumental “Queimada”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button