EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Roblido (A Rúa) reta á chuvia na cea popular das Festas do San Xoán

Máis dun cento de persoas reuníanse na praza da localidade na noite do 22 de xuño

As previsións meteorolóxicas levan xa uns días avisando de que hoxe, domingo 23 de xuño, sería unha xornada complicada con abundante chuvia, pero o que non se sospeitaba era que chegara xa na tarde-noite do sábado, xusto no momento en que Roblido (A Rúa) celebraba a cea popular das Festas do San Xoán.

En torno ás 21h. os asistentes (unhas 120 persoas) comezaban a degustar o menú elaborado para a ocasión por Mantesil. Un prato de entremeses variados que daba paso ao prato estrela: a paella, e xusto nese momento comezaba a chover. Por sorte non durou moito e ninguén se moveu do seu sitio, aguantando estoicamente. Para os postres xa parara, quedando finalmente unha agradable noite amenizada por A Boa Festa.

Coa cea, a localidade ruesa abría as festas patronais na honra a San Xoán que rematan hoxe e que inclúen o concurso de postres que vai xa pola V edición e que se degustaban onte pola noite (os tres premiados foron doces de fresas, de chocolate e de leite merengado), sorteo de agasallos, pasarrúas e misa solemne.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button