CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Rock aderezado de humor para medrar en igualdade, no Barco

A praza Andrés de Prada acollerá o espectáculo "Rockeamos todas con Pakolas" o 3 de setembro ás 12h.

A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco retoma en setembro a súa programación cultural cunha singular proposta de Paco Cerdeira que fusiona rock, teatro, humor e valores. Trátase do espectáculo “Rockeamos todos con Pakolas”, previsto para mañá xoves ás 12h. na praza Andrés de Prada da vila.

Vai dirixido, especialmente, a nenos e nenas de 3 a 11 anos. “É un espectáculo familiar no que os protagonistas das cancións e contos son “ELES/ELAS”: nenos, nenas, figuras inspiradoras que nos dan a coñecer dirferentes historias de superación da desigualdade, de loita polo respecto e a liberdade”, adiantan dende a organización.

Así, a través desta función, e de forma divertida, os cativos aprenderán a ritmo moi rockeiroa importancia de medrar e vivir na igualdade.

Artigos relacionados

Back to top button