EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Rodrigo Coucheiro, ganador do certame de carteis da XXXIX Feira do Viño de Amandi

O seu traballo darase a coñecer o 16 de marzo no miradoiro de Soutochao durante a presentación do “Mes do Amandi” e da programación completa da feira
Os membros do xurado do certame durante o proceso de selección./ Foto: Concello de Sober.

O xurado do certame da XXXIX Feira do Viño de Amandi elixía por unanimidade elixía como traballo gañador desta edición do concurso de carteis da mostra o presentado por Rodrigo Coucheiro Limeres, de Monforte, baixo o lema ‘Amando Amandi’. O galardoado recibirá un premio en metálico de 600 euros. Os accésit contarán cun diploma e cun lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos presentados.

Tamén acordou conceder un accésit como finalistas aos carteis de Víctor Miranda da Coruña, Carlos Gallego, de Barcelona, Luis Enrique Núñez, de Viloira-O Barco, e Celso Cuñarro, da Coruña.

Os membros do xurado (formado pola valdeorresa Eva F. Ferreira, Toño Parga, Iván Patiño e Manuel Valcárcel ‘Piro’) destacaban o alto nivel dos 51 orixinais presentados, chegados de diferentes puntos do Estado (Cataluña, Madrid, País Vasco…) .O maior número chegou de Galicia e da comarca de Lemos. O Concello de Sober agradece a súa colaboración.

O cartel ganador farase público o sábado día 16 de marzo no miradoiro de Soutochao, en Doade. Celebrarase un acto ao que se asistirán os adegueiros e no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e a programación da XXXXI Feira do Viño de Amandi que este ano se celebra os días 13 e 14 de abril.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button