CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Roi Casal e “As músicas do Camiño” envolven Quiroga en plenas festas de verán

 

Músico, compositor e cantante galego, Roi Casal domina con virtuosismo a arpa céltica e a zanfona. Foi integrante da mítica banda Milladoiro comezando a súa carreira artística en solitario en 2009, coa publicación do disco Leyendas Doradas, ao que seguiron Maxicamente Véselo e Dueños de nuestro destino. En 2019 embarcouse nunha colaboración galego cubana coa xira Son Galego, Son Cubano e neste ano 201, forma parte do programa “As músicas do Camiño”.

E no marco deste programa promocionado polo Xacobeo 2021/2022, e dentro do programa das festas de verán en Quiroga, na noite deste domingo 8 de agosto actuaba na praza rúa Lago. Seguindo todos os protocolos Covid (mascarillas, xente sentada e con distancia de seguridade), o concerto foi seguido por numeroso público que se deleitou coa voz e a música deste xove catoirense e da súa banda.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button