ConcellosÚltima hora

Romaría de Cadeiras, en Sober

Esta fin de semana o concello será escenario tamén das festas de Santa Cruz de Brosmos e Villaoscura
Exterior do Santuario de Cadeiras (Sober). / Foto: Carlos G. Hervella.
Exterior do Santuario de Cadeiras (Sober). / Foto: Carlos G. Hervella.

A Romaría de Cadeiras no municipio de Sober (Lugo) iniciarase o 7 de setembro coa subida da Virxe a partir das 20:00 horas. Coa súa chegada empezará a verbena coa Orquestra Bohemia. Ao día seguinte, 8 de setembro (festa local en Sober), a partir das 11:00 horas comezarán as misas rezadas ata as 13:30 horas, que será a misa solemne acompañada pola Banda de Música de Sober. A continuación será a sesión vermú coa Orquestra Madeira e un grupo de gaitas. Pola noite gran verbena coas Orquestras Los Trovadores e Madeira.

O programa desta romaría completarase o martes día 9 con misas a partir das 11:00 horas. A misa solemne celebrarase ás 13:30 horas. A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Compostela e dun grupo de gaitas. Pola noite, gran verbena coa Orquestra Compostela.

Coincidindo coa celebración da Romaría de Cadeiras, o Concello de Sober vén de concluír a reparación dos pendellos desta zona. Os pendellos tiveron que ser rehabilitados logo de que o pasado o inverno un temporal de chuvia e vento derrubara un piñeiro de grandes dimensións que acabou tirando parte do palco e dos pendellos tradicionais do entorno do santuario.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, asegura que o equipo de Goberno cumpre así co seu compromiso “de ter completamente a punto os pendellos para o día grande dos festexos na honra á Virxe de Cadeiras”. Os traballos foron levados a cabo con fondos propios do Concello de Sober e seguindo a súa estrutura tradicional orixinal.

Asemade da Romaría de Cadeiras, nesta mesma fin de semana haberá festas noutras dúas zonas do municipio de Sober: Santa Cruz de Brosmos e Villaoscura. Nestas tres celebracións colaborará o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button