ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Romaría de San Paio en Raigada (Manzaneda)

É unha tradición que os veciños de Raigada (Manzaneda) manteñen viva dende tempo inmemorial: a romaría en San Paio. Aínda que o día propio é o 15 de xaneiro, ao coincidir en semana nesta ocasión, celebrábase na mañá do 21 de xaneiro. Tiña lugar unha procesión coa imaxe do santo, seguida dunha misa.

Despois os asistentes compartían doces aportados por eles mesmos: bicas, rosquiñas e orellas. Antano, ao saír da misa era tradicional facer unha subasta de produtos de porco, pero este costume perdíase hai unhas décadas.

Fotos: Sonia Casas

Artigos relacionados

Back to top button