ConcellosÚltima hora

Romaría Virxe da Barca o 3 de agosto no Barco

A procesión fluvial comezará ás 12:30h.
Procesión da Virxe da Barca o ano pasado/Foto: Ángeles Rodríguez
Procesión da Virxe da Barca o ano pasado/Foto: Ángeles Rodríguez

Coa procesión polas augas do Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras que comezará baixo a ponte de San Fernando ata a área recreativa do Salgueiral, iniciarase unha nova edición da romaría da Virxe da Barca prevista para mañá 3 de agosto ás 12:30h.

Resulta difícil saber o número de barcas que tomarán parte da procesión fluvial, engalanadas para a ocasión, pero o que si se sabe é que a imaxe da Virxe, a quen se lle rendirá homenaxe, encabezará a comitiva fluvial nunha das embarcacións participantes.

Despois de que as barcas tradicionais completen o percorrido ata a pasarela peonil que dá acceso ao Salgueiral, catro mulleres recollerán á Virxe para levala ata o altar dende o que presidirá a misa que se celebrará ao aire libre.

E tras a cerimonia relixiosa, comezará a romaría propiamente dita con sesión vermout e xantar popular co churrasco, chourizo, empanada e viño (15 euros). Xa pola tarde haberá baile ao son dunha discoteca móbil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button