ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Ronda de folión cos Labregos no Xoves de Compadres

Entre as localidades nas que o bater de bombos e aixadas se sentía con forza na xornada do Xoves de Compadres estaba Trives. Malia a neve e o frío, os membros do Folión Os Labregos cumprían coa tradición e daba unha ronda pola vila.

Na vindeira fin de semana, o seu toque, xunto co doutra ducia de folións sentirase no marco da XIX Xuntanza de folións e boteiros prevista para a tarde do 4 de febreiro en Trives.

Fotos cedidas polo Folión Os Labregos.

Artigos relacionados

Back to top button