ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Ronda de folións en Carracedo da Serra (A Gudiña)

 

Os Folións de Os Labregos (Trives) e de Fradelo (Viana do Bolo) visitaban na tarde do domingo 9 de febreiro a localidade de Carracedo da Serra (A Gudiña). Precedidos polos seus Boteiros, daban unha ronda acompañados tamén polo folión anfitrión.

O traxecto remataba na praza. Despois os veciños convidaban aos membros dos dous folións visitantes a unha merenda. Carracedo da Serra devolverá a visita a Trives o vindeiro 16 de febreiro e a Fradelo o 22 de febreiro, Sábado de Entroido.

Fotos: Asociación Os Labregos.

 

Artigos relacionados

Back to top button