ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Ronda, teatro e versos satíricos na Fuliada de San Martiño (Manzaneda)

 

Neste Domingo Gordo, 23 de febreiro, a parroquia de San Martiño (Manzaneda) vivía o día grande do seu Entroido. Arredor das 15h. o seu fulión, precedido polas danzas das Mázcaras, comezaba unha longa ronda que finalizaba polas sete da tarde nas proximidades da nave da Cooperativa Amarelante.

Unha vez alí, e no interior da súa nave, chea de público, dábase paso á fuliada, unha representación teatral en verso de carácter satírico con actores de todas as idades e que se iniciaba co tradicional reparto do touro.

 

 

Logo a presentadora ía dando paso a pezas como “As viúvas alegres”, “Canta os nenos”, “Fachendoso machista”, “Sufrir en baño público”, “Matrimonios modernos”, “Muller sae de marcha”, “Carros do Alcampo”, “Ligando por Facebook” e “Vento do norte”, unha canción interpretada polo Coro San Martiño.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button