OurenseÚltima hora

Rosa Cedrón, Luis Emilio Batallán e Gustavo Almeida na gala contra o cancro de Ourense

A II edición do evento benéfico celebrarase o 19 de decembro no Auditorio Municipal

cartel-final-gala-cancro

O vindeiro venres 19 de decembro, o Auditorio Municipal de Ourense acollerá a II Gala Benéfica Contra o Cancro organizada pola Asociación Cultural As Canellas e a produtora audiovisual Claqueta Coqueta.

En palabras de David Rodríguez, presidente da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas, esta iniciativa nace da “necesidade de crear un evento artístico que sirva para reivindicar a cohesión social e para xuntos axudar a colaborar cunha causa xusta, amosando a solidariedade da cidadanía”. Por iso, os asistentes ao evento na cidade das Burgas que comezará ás 20:30h. poderán disfrutar dunha noite chea de grandes artistas e ao mesmo tempo, colaborar cunha causa tan nobre como a loita contra o cancro xa que os fondos recadados, irán destinados integramente á Asociación Española Contra o Cancro.

Tal como adiantan dende a organización, os presentadores da gala serán a actriz Isabel Risco e o actor e produtor ourensán Rubén Riós, organizador do evento a través do programa de responsabilidade social da súa produtora, Claqueta Coqueta. Eles serán os encargados de dar paso a un conxunto de actuacións que amenizarán a velada no Auditorio.

No apartado musical, Rosa Cedrón, voz durante nove anos do grupo Luar na Lubre, compartirá grandes clásicos con temas do seu novo disco en solitario, ao igual que o compositor santiagués Luis Emilio Batallán, que chega a Ourense cun novo disco no peto. Gustavo Almeida, cantautor brasileiro afincado en Pontevedra, tamén presentará temas do seu novo traballo discográfico.

O programa contará tamén cun toque de baile e danza que correrá a cargo dos grupos Meigas Tribal (danzas tribais inspiradas en Oriente Medio) e Feel That Crew (danza moderna influenciada polos estilos rap e hip-hop).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close