ConcellosÚltima hora

Rosalía de Castro revive nas paredes do Parque da Estrela de Castro Caldelas

 

Imaxes e versos que reflexan o universo da poeta Rosalía de Castro xa forman parte dun dos espazos singulares da vila de Castro Caldelas: o Parque da Estrela. É o resultad do traballo de “A Colectiva”, dos artistas Mongiart e do Concello de Castro Caldelas.

“Toda a zona está presidida por outro gran Mural, obra de Cestola na Cachola, que é o Irrio Peliqueiro. Este famoso persoeiro do folclore caldelao vivía toda a zona e ademáis permitiu loitar contra o “feismo”. Todos estos murais encádranse nunha Área BIC na que se ubica o Parque da Devesa e o Parque dos Nenos, zona de Parking de Autocaravanas, Parque Infantil O Irrio e cruce de varias rutas de sendeirismo como a dos Bosques Máxicos, As Penas de Matacás e a Backyard. Por este motivo é unha zona moi concorrida que con estes Murais se revaloriza e convértese nunha zona de ocio moi atractiva”, destaca a alcaldes da Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button