CulturaCulturaÚltima hora

Rosario Álvarez, nova presidenta do Consello da Cultura Galega

O 4 de xullo tomaba posesión en Santiago como nova presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez, quen releva neste cargo a Ramón Villares. Este acto contaba coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais na tarde do 4 de xullo o pleno do Consello da Cultura Galega aprobou a renovación da Comisión Executiva da institución, proposta pola presidenta Rosario Álvarez, e renovou tamén aos coordinadores das Seccións, Arquivos e Comisións Técnicas.

Así da Comisión Executiva, órgano que goberna o día a día do Consello da Cultura Galega, formarán parte, ademais da presidenta: Xosé Manoel Núñez Seixas (vicepresidente), Dolores Vilavedra (secretaria) e María Xosé Porteiro (vogal).

Artigos relacionados

Back to top button