CulturaCulturaÚltima hora

Roteiro literario polas terras de Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo organiza unha viaxe a través da obra de Otero Pedrayo para mañá 17 de outubro
Cartaz da ruta literaria por Trasalba.
Cartaz da ruta literaria por Trasalba.

Sábado 17 de outubro. 11 horas na porta do Pazo Museo Otero Pedrayo (Trasalba). Ese é o punto de partida do roteiro literario polas terras de Trasalba, organizado pola Fundación Otero Pedrayo.

Da man de Susi González Rodríguez, guía do Pazo Museo, o percorrido levará aos participantes poloPazo do Campo, a Igrexa de San Pedro de Trasalba, A Fonteliña, A Bergueira, O Quintairo, o Muíño do Ruzo, a vella tenda de Trasalba, oPenedo Redondo, e un souto, onde se realizarán lecturas comentadas de fragmentos da obra do Otero Pedrayo. Ao rematar, visitarase o Pazo Museo en Cima de Vila, “onde o patriarca das letras galegas pasou longas temporadas desde a súa infancia até o seu pasamento en 1976”, tal como explican dende a Fundación.

Trátase dunha xornada de convivencia para dar a coñecer a vida e a obra do escritor ourensán, fondamente relacionadas con Trasalba, polo que os veciños da localidade terán a oportunidade de compartir cos asistentes os seus recordos sobre os lugares que se visiten, sempre vencellados á figura do literato.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close