ConcellosÚltima hora

Roteiro e magosto popular, ao ritmo dos Bertolini, en San Xoán de Río o 11 de novembro

 

Ao redor da castaña xirará a tarde do vindeiro 11 de novembro en San Xoán de Río. O Concello e a Asociación RíoMola teñen previstas varias actividades vencellas con este emblemático froito de outono. Así ás 16h. terá lugar un roteiro de 6 km pola “Ruta da Fraga”. O punto de partida será a praza Pedro Fernández.

E xa ás seis da tarde o pavillón da localidade será escenario dun magosto popular no que poderán degustarse castañas, chourizos, bica e licor café. A celebración estará amenizada polo grupo tradicional Os Bertolini de Manzaneda.

 

Os Bertolini de Manzaneda, actuando./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button