CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Roteiro pola paisaxe lendaria galega con Soledad Felloza no Barco

Actuaba na noite do 4 de xullo no marco da quinta edición do ciclo cultural “De Perto”

Entre potas que ferven ou amasando pan escoitaba Soledad Felloza algunhas das lendas e historias que relataba na noite do 4 de xullo na praza do Sagrado, no Barco. Escoitábaas nas cociñas de mulleres de diferentes puntos de Galicia e nelas as mulleres eran tamén as protagonistas.

Así, entre anécdotas e recordos, ía enfiando a historia de diversos personaxes da mitoloxía galega como a raíña Lupa no Pico Sacro, a Orca Vella de Fisterra ou a a Xacia, un ser mitolóxico con figura humana, que habitaba o río próximo ao castro de Marce (Ribeira Sacra). Historias de agoiros, vinganzas e maxia que concluían cunha carreira de deuses prerromanos, cuxa protagonista era a valerosa Poemana, deusa materna dos antigos castros, acompañada pola súa manda de lobos.

Felloza finalizaba lembrando a importancia e valor do mitos, do grego mythos, «relato», e da tradición oral. Esta narradora era a segunda das participantes do programa cultural “De Perto”, adicado na súa quinta edición á oralidade.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button